ANIMALIA 1. Verde

12,00  IVA incluido

TAPA BLANDA (24 X 24 cm). 56 PÁGINAS.

Na calma da selva, unha sucesión de golpes alerta a todos: «Bum, Bum». O león sobresáltase, a xirafa mira con sorpresa, os paxaros asústanse e entón apareceu facendo footing Sara, unha elefanta cunha cinta na cabeza. «Animalia» é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats.

Historias autoconclusivas dunha páxina reunidas en tres entregas: a primeira, «Animalia 1. Verde», localizada na selva; a segunda, «Animalia 2. Branco», no mundo do mar e da auga; e a terceira, protagonizada polos animais domésticos. «Animalia» constitúe unha reflexión sobre a humanidade como especie e como civilización, dende as posibilidades que ofrece a caracterización dos animais na súa diversidade.

Descripción

Autoría: Xosé Tomás.
Editorial: Xerais.
Edad recomendada: a partir de 7 años.