AVOAS E AVÓS (Galego)

16,00  IVA incluido

TAPA DURA (20 x 20 cm). 52 PÁGINAS.

O conto para primeiras lecturas que pousa outra mirada sobre os maiores da casa

Creado polas autoras polacas Małgorzata Swędrowska e Joanna Bartosik, mostra, dun xeito divertido e rachando cos clixés tradicionais, o día a día de avós e avoas nos fogares, vistos desde os ollos dos seus netos e netas.

COA AVOA TODO É POSIBLE.
CO AVÓ TODO É POSIBLE.
ELA ATOPA TESOUROS NOS SEUS PETOS.
EL ADIVIÑA OS MEUS SOÑOS.
O AVÓ FALA CON TENRURA.
A AVOA ABRAZA CON DOZURA.
NA TERRA OU NAS ALTURAS
O SEU CARIÑO PERDURA.

A través de 50 escenas ou viñetas vaise retratando o día a día de avoas e avós nas súas vidas cotiás e o seu papel nos fogares. Ollados desde o punto de vista da xente máis nova da casa, vanse sucedendo situacións divertidas, soñadoras e poéticas.

Descripción

Autoría: Małgorzata Swędrowska y Joanna Bartosik.
Editorial Alvarellos.
Edad recomendada: a partir de 3 años.