INVENTARIO ILUSTRADO DE INSECTOS (Galego)

16,00  IVA incluido

TAPA DURA (21’5 x 30 cm). 48 PÁGINAS.

«Inventario ilustrado de insectos» reúne 65 especies de insectos de procedencia europea e do resto do mundo: coleópteros, lepidópteros, dípteros, himenópteros, isópteros… Só os artrópodos xa representan máis do 80% dos animais que habitan no planeta. Os científicos, que teñen catalogado un millón de tipos de insectos, calculan que a cifra real está entre os cinco e os dez millóns de especies. Con todo, son criaturas moi útiles, posto que colaboran na polinización das flores e son o sustento doutros animais. As ilustracións deste libro son de estilo científico, representadas coa precisión dos naturalistas nos cadernos de campo de antano: perfís feitos con rotulador e con tinta chinesa, e acuarelas que favorecen o xogo de cores e as transparencias.

Descripción

Autoría: Virginie Aladjidi y Emmanuell Tchoukriel.
Editorial Kalandraka.
Edad recomendada: a partir de 5 años.

Disponible también en CASTELLANO.