LABORES DO LUGAR (Galego)

19,95  IVA incluido

TAPA DURA (27 x 30 cm). 48 PÁGINAS.

Este libro recolle nove profesións con gran futuro que poden desenvolverse na contorna rural

As persoas que vivían nos pobos emigraban ás cidades en busca de oportunidades profesionais que pensaban que a contorna rural non podía ofrecer. Co paso do tempo, démonos conta de que os espazos rurais foron quedando baleiros e, en contra do que moita xente pensaba, as oportunidades que ofrecen estes lugares son, agora, cada vez máis grandes.

Actualmente hai máis xente que está a facer o contrario, volvendo aos pobos para retomar oficios tradicionais. O mundo vira cada vez máis rápido e con él nosa forma de consumir e traballar, por iso cada vez buscamos profesións de proximidade que aposten pola sustentabilidade, no económico, no social e no medioambiental.

Este libro recolle nove profesións con gran futuro que poden desenvolverse na contorna rural. Neste primeiro volume achegámosche a aquelas que se dan nun pobo de costa, relacionadas co campo, o mar, os animais, a alimentación ou a artesanía local.

Descripción

Autoría:  Susana Peix CruzVíctor Mascato y Jaume Mora.
Editorial: Edicións do Cumio.
Edad recomendada: a partir de 8 años.

Disponible en CASTELLANO.