MUNDO ARB (Galego)

9,00  IVA incluido

TAPA BLANDA ( 12 x 19 cm). 128 PÁGINAS.

Existe unha comunidade de seres humanos que viven en pólas de árbore. Son os arborenses. Os campos que cultivan, os montes onde cazan, os ríos polos que navegan e as cidades nas que habitan están situados en grosas pólas suspendidas no aire. Os arborenses están convencidos de que non existe ningún outro mundo máis ca o seu.  Un día, uns rapaces emprenderán unha viaxe que durará un ano e que os levará moi lonxe da súa terra. Será unha viaxe chea de riscos ao longo das máis diversas xeografías arbóreas, na que coñecerán paisaxes e xentes moi diferentes, vivirán asombrosas aventuras e aprenderán a sobrevivir cos mínimos recursos, ata acabaren por facer un descubrimento moi especial que mudará para sempre a vida en Arb.  Mundo Arb é unha novela de viaxes e aventuras escrita ao modo clásico, concibida coma una homenaxe á loita polo coñecemento humano e ao sentido da amizade.

Descripción

Autoría: Manuel Lourenzo González.
Ediciones SM. Colección El Barco de Vapor. Serie roja.
Edad recomendada: a partir de 10 años.

Disponible también en CASTELLANO.