A HISTORIA DE GRETA. ¡Non es demasiado pequeno para facer cousas grandes! A biografía non oficial de Greta Thunberg (Galego)

11,95  IVA incluido

TAPA BLANDA (13 x 19’5 cm). 144 PÁGINAS.

Para ser unha mañá de finais do verán en Estocolmo, o 20 de agosto de 2018 vai unha calor incrible na cidade. E segundo se oe na televisión, nos últimos meses as temperaturas foron altas, quizais a causa dos numerosos incendios en toda Suecia.

Ese día, Greta Thunberg, que daquela tiña quince anos comezou a súa folga fronte ó edificio do Parlamento: os políticos non deben esperar máis, hai que facer algo para salvar o medio ambiente. É o primeiro #fridaysforfuture da Historia.

Preparádevos para ler unha historia de esperanza, valor e determinación. Esta é a verdadeira historia de Greta Thunberg, mais tamén a de moitos outros nenos e nenas de todo o mundo dispostos a loitar contra o desinterese dos maiores, en nome dun futuro mellor. Nunca es demasiado pequeno para marcar a diferenza.

Descripción

Autoría: Valentina Camerini.
Editorial Planeta.
Edad recomendada: a partir de 9 años.

Disponible también en CASTELLANO y CATALÁN.