INVENTARIO DE BRUXAS DA AVOA MARUXA (Galego)

14,96  IVA incluido

TAPA DURA (22’4 x 28’5 cm). 160 PÁGINAS.

Un excéntrico inventario de Bruxas da avoa Maruxa. Un orixinal texto rimado cunha alta dose de humor.

Con case cen anos, a avoa Maruxa tivo tempo abondo para coñecer ananos, xigantes, cíclopes, atlantes e tamén algunha fascinante bruxa: meigas elegantes; outras, arrepiantes; cun humor brillante; con peor talante… mais ao final todas se facían querer.

Entre viaxe e viaxe, fixo un inventario algo estrafalario, mais aqueladiño, das meigas que foi atopando no camiño.

Cando o rematou, vendeullo a un anticuario e, co que que gañou, mudouse a un balneario. Din que alí segue aínda hoxe Maruxa. Non será ela tamén un pouco bruxa?

  • Libro recomendado para nenas e nenos a partir de 7 anos e que se están iniciando na lectura independente.
  • Dividido en capítulos para facilitaren a lectura.
  • Texto rimado, orixinal e ameno con moito humor.

Descripción

Autoría:  Ramón D. Veiga y Isabel Muñoz.
Editorial: Edicións do Cumio.
Edad recomendada: a partir de 7 años.

Disponible en CASTELLANO.